Galicia Informativos   Informativo Galicia 8:45 - 27/07/21 27/07/2021 14:58

 O Consello de Ministros aproba hoxe o Real Decreto que vai baixar as peaxes na AP-9. A medida comezará a aplicarse antes de que acabe o mes, é dicir antes do domingo. O máis destacado é que a viaxe de regreso é de balde se se fai nas 24 horas seguintes ao de ida. O custe das bonificacións para o Estado é de 55 millóns de euros anuais ata 2048, ano en que remata a concesión.

 O presidente da Xunta defende a esixencia do certificado covid para acceder aos locais de hostelería. Dí que é o único xeito de mantelos abertos.

 Sanidade informa de tres novas mortes por Covid nos últimos. Os novos casos descenden por terceira xornada consecutiva, aínda que continúan por riba do milleiro.

 A histórica conserveira Thenaisie Provote, que ten 140 traballadores entre o Grove e Mos, espera que algunha das tres oferta de compra que hai logren salvar a empresas.

Galicia Informativos
Más opciones