A Xunta recorre ante o Tribunal Superior de Xustiza o auto polo que se denega a autorización para pedir o certificado covid para acceder aos establecementos da hostalaría. Esta madrugada entra en vigor o novo mapa de restricións en Galicia, con dúas localidades, Ordes e Monforte, no nivel máximo de risco.
--- Os hosteleiros piden que os cambios nas restriccions sexan os luns para non prexudicar á fin de semana. O lecer nocturno reclama indemnizacións, ante unha facturación de só un seis por cento da que tiñan antes da pandemia.
--- En Betanzos, pendentes do resultado das probas da covid realizadas a 80 traballadores do matadoiro, tras resultar positivos oito empregados.
--- O futuro dos peiraos do porto da Coruña, hoxe a debate. A Autoridade Portuaria convocou á Xunta e ó concello a unha xuntanza coa que se pretende chegar a un acordo sobre os usos destes espazos portuarios.