Galicia Informativos   Informativo Galicia 8:45 - 27/12/21 27/12/2021 15:11

Este luns estamos moi pendentes do que decidan os traballadores de Alcoa, en San Cibrao. Malia que o comité de empresa rexeitou o xoves a proposta da multinacional, hoxe pronunciaranse en asemblea sobre se aceptan ou non o plan da empresa que supón apagar as cubas de electrólise durante dous anos e investir 90 millons de euros.

-A asociación de industrias do metal e tecnoloxías asociadas reúnense hoxe pra avaliar a situación do naval en Galicia.

-Representantes do Partido Socialista reunironse en Valdeorras para denunciar a debilidade do complexo hospitalario da cidade e a carencia de profesionais nos servicios.

-Un home de 52 anos morreu a consecuencia das feridas producidas nun incendio en Monforte. O falecido era unha das oito persoas, da mesma familia, afectadas polo incendio.

-Despois de que un raio destrozase o campanario da igrexa de Santa María de Teo, próxima a Santiago, este luns estudaranse as medidas para afrontar a reconstrucción

Galicia Informativos
Más opciones