Galicia Informativos   Informativo Galicia 8:45 - 29/07/21 29/07/2021 15:00

O aumento de casos da pandemia xa ten consecuencias nas restriccións nos concellos. Desde o sábado haberá 12 en nivel máximo e no nivel alto 48, incluidas as 7 cidades.
 

Esta medianoite entraron en vigor as rebaixas nas peaxes da AP-9. OS camioneiros quéixanse de que o 20 por cento de desconto que se lles aplicará non abonda.

O Estado retira o recurso de incons-titucionalidade contra a lei galega de saúde. A Xunta deberá redactar unha disposición adicional sobre cando será obrigatoria a vacinación.

O Concello da Coruña e o goberno galego negociarán qué aportación fai a Xunta para a adquisición dunha parte dos terreos do Porto Interior.
 

Galicia Informativos
Más opciones