As novas que restriccións que aproba hoxe a Xunta para Fin de Ano e os seguintes días son coma un terremoto que alterou todas as previsión que fixeran as outras administracións para celebrar as Festas.
En todos os lugares hai suspensións de eventos, entreles a Festa prevista en Santiago na Praza do Obradoiro na que ía actuar a orquestra París de Noia.
Aumento significativo do número de contaxios de Covid nas últimas 24 horas. Detectaronse case 3.500 novos doentes.
Os traballadores de Alcoa aprobaron en referendum o plan que lles ofrecera a multinacional e que supón, entre outras cousas, apagar as cubas de electrólise temporalmente.
O alcalde de Ourense declarou na Audiencia investigado por un presunto delito de malversación de fondos. Jácome considera que non fixo nada ilegal.
-Tensión entre a Xunta e o concello da Coruña pola ampliación do CHUAC. O municipio concedeu a unha ONG unha parcela onde poderían ser realoxados os expropiados polas obras.