Galicia Informativos   Informativo Galicia - 29/06/2015 29/06/2015 50:05

--A alcaldesa de Lugo, a socialista Lara Méndez, confía en que o Psoe recupere a Deputación. Esta tarde, reunión da executiva socialista. No concello de Ourense e Vigo, os aprobáronse as retribucions do alcalde e concelleiros. Os dous rexedores cobrarán arredor de 65 mil euros anuais.

--O fiscal superior de Galicia reclama un pacto de Estado en materia de xustiza, con mais dotación económica.

--A eurodeputada do BNG Ana Miranda viaxaba no barco interceptado polo exército israelí en augas internacionais, cando se dirixía a Gaza, para romper o bloqueo a Palestina. Ana Miranda e o resto de tripulación foron levados a un cárcere en Israel. O portavoz do BNG, Francisco Jorquera, pide ó Parlamento galego un pronunciamento contra a intervención israelí.

--Abre ó público ó novo hospital de Vigo, coa posta en marcha dos servizos de nefroloxía e anatomía patolóxica.

Galicia Informativos
Más opciones