Galicia Informativos
Informativo Galicia - 13/08/2015
13/08/2015
49:26
-Protesta da flota do cerco no porto de Vigo. Reclaman mais cota para pescar bocarte ó sur de Fisterra.
-Os sindicatos piden a demisión da conselleira de Medio Rural. Acusan a Rosa Quintana de mentir cando fala de 7.000 traballadores na loita contra os incendios cando en realidade, din, só hai 4.000, moitos con contratos parciais. O portavoz do PP de G, Miguel Tellado, defende a actuación da Xunta.
-A garda civil imputa a dous veciños de Viana do Bolo, un home e unha muller, polo incendio que queimou 300 hectáreas de Rede Natura neste municipio ourensán.
-O xuiz da Audiencia Nacional Santiago Pedraz deixa en liberdade ó veciño de Narón, acusado de apoloxía do terrorismo xihadista. Prohíbeselle sair de España.