Galicia Informativos
Informativo Galicia - 12/08/2015
12/08/2015
49:22
-Nova tractorada dos gandeiros galegos contra a crise do leite. Foi en Lalín, onde tamén houbo unha marcha a pé e onde os comercios pecharon os establecementos en solidariedade.
-Controlados os dous únicos incendios en activo en Galicia: o de Viana do Bolo, que queimou case 300 hectáreas, e do capital ourensá, con 30.
-Os brigadistas antiincendios de Ourense critican o avellentamento e avarias que sofren as máquinas motobombas, e a falta de persoal pra combatir o lume.
-Detido un veciño de Narón acusado de apoloxía do terrorismo. Vendía en su tenda e a través de Internet camisetas con mensaxes xihadistas e con fotos de execucións do Estado Islámico.