Galicia Informativos
Informativo Galicia - 27/08/2015
27/08/2015
49:20
-A viuva do home morto en Ponteareas dun disparo da Garda Civil di que non era un maltratador, e a familia anuncia posibles accions legais pola súa morte. Segundo a subdelegación do goberno, o ex batería do grupo Los Planetas, enfrentouse ós axentes, chamados polos veciños por un suposto caso de violencia de xénero.
-Nova tractorada para esixir prezos xustos para o leite. Foi no concello coruñés de Curtis.
-O secretario xeral de Agricultura do ministerio, Carlos Cabanas, afirma que está próximo un acordo entre productores, industria e distribución para acordar uns prezos mínimos de referencia para o leite.