Galicia Informativos
Informativo Galicia - 11/09/2015
11/09/2015
49:21
-Asemblea dos gandeiros en Santiago, tras considerar decepcionante o documento xurdido da Interprofesional Láctea. Decidiron seguir coas movilizacions e bloquear as industrias. Tamén manterán os tractores rodeando o edificio da Xunta en San Caetano, en Santiago, ainda que permiten a libre circulación de vehículos. En Lugo, tamén continuarán cos tractores. Mentres, reunión dos seus representantes co presidente da Xunta.
-Declara como imputado o garda civil que disparou ó batería de los Piratas. Afirma que o fixo porque temía pola vida do seu compañeiro.
-O presidente da Federación galega de Automovilismo di que se se queren incrementar as medidas de seguridade hai que investir cartos. Tamén pide mais axentes da garda civil.