Galicia Informativos
Informativo de Galicia - 15/09/15
15/09/2015
49:52
Os gandeiros estudan desbloquear as industrias se asumen unha suba de 3 céntimos por litro de leite. A Plataforma en Defensa do Sector Lácteo quere que as distribuidoras asuman outros 3 céntimos.
A conselleira de Medio Rural comparece no Parlamento para dar explicacións sobre a crise do sector leiteiro.
O pleno da Cámara rexeitou crear unha comisión de investigación sobre o novo hospital de Vigo. O PP opúxose á proposta de AGE e BNG, que si avalaron os socialistas.
Ás portas do Hórreo, concentración en defensa da Sanidade Pública.
Morre un traballador nas obras do AVE en Laza (Ourense).
A primeira cicloxénese da tempada non deixa incidencias destacadas de momento.