Galicia Informativos
Informativo de Galicia - 31/07/15
31/07/2015
48:59
Un home matou supostamente ás dúas fillas menores de idade. Logo tentou suicidarse. Foi en Moraña (Pontevedra).
A Xunta aproba o teito de gasto para 2016. Son 8.873 millóns de euros, un 5 por cento máis ca este ano.
A espera media para operarse nos hospitais galegos é de 76 días, dez menos que hai un ano.
Reunión en Santiago do secretario xeral de Agricultura coa conselleira Rosa Quintana e os sindicatos agrarios para abordar a crise do sector leiteiro galego.