-O popular Gonzalo Concheiro é o novo alcalde de Boimorto en sustitución do nacionalista Xosé Luis Rivas. O BNG vai denunciar a moción ante a xustiza ó considerar que incumpre o pacto antitransfuguismo xa que contou co apoio dun edil elexido nas listas socialistas.
-O presidente do Goberno Mariano Rajoy anuncia que pedirá á Comisión Nacional da Competencia que se pronuncie sobre a legalidade das axudas de Francia ós productores de leite.
-Nova manifestación en Santiago dos mariñeiros que traballaron en Noruega, para pedir o recoñecemento das súas pensions.
-Detidos cinco homes en Marín e Sevilla, acusados de formar parte dunha organización criminal que operaba desde Galicia. Parte dos detidos están acusados do asasinato dun cidadán marroquí na localidade sevillana de El Coronil.