Galicia Informativos   Informativo Galicia - 05/08/2015 05/08/2015 49:29

-O PP mostra a súa satisfacción polo feito de que Galicia sexa a segunda comunidade en gasto do Estado por habitante. A oposición critica que as novas contas son irreais e que os orzamentos do Estado diminúen o 1'62 por cento.

-Reunión do presidente da Xunta e do secretario de Agricultura do ministerio co sector lácteo.

-O BNG anuncia medidas legais para que se considere un caso de transfuguismo a moción de censura que o PP vai presentar contra o alcalde nacionalista de Boimorto e que contará co apoio dun edil elexido nas filas socialistas.

-Concentración na Coruña ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en repulsa polo dobre crime de Moraña, convocada pola asociación de Mulleres maltratadas, Velaluz.

No acto, a nai dun neno asasinado polo seu home en Paderne fixo un chamado a acabar coas agresions ós menores en vinganza contra as mulleres.

Galicia Informativos
Más opciones