-Terceiro día da protesta dos gandeiros en Santiago. Sétimo en Lugo, para esixir prezos dignos para o leite. Son tres mil tractores na capital de Galicia, e mas de mil en Lugo.
Ás aforas de Santiago, os productores bloquean a entrada e saída de camions do grupo francés Día. O presidente da Xunta e a conselleira de Medio Rural reciben a unha representación dos gandeiros.
-Ás portas do comenzo do curso escolar, os sindicatos do ensino afirman que os recortes seguen e que hai mais de 300 centros escolares con carencias importantes.
-A dirección da celulosa Ence anuncia que en dous anos reducirá un 90 por cento o consumo de auga e os vertidos á ría de Pontevedra. O seu responsable confía en conseguir a renovación da concesión.
-Incendio forestal en Nogueira de Ramuín. Arrasou 150 hectáreas neste concello ourensán. Xa está controlado.