-Continúa activo o incendio de Boborás, Ourense, que queimou mais de oitenta hectáreas. Xa quedou controlado o de Sober, onde arderon 16 hectáreas e extinguido o de Teo, onde se queimaron 55.
-Os brigadistas antiincendios concentráronse en Ourense pra criticar a falta de medios.
-Os gandeiros convocan movilizacions contra os baixos prezos do leite. A primeira, o 17 de xullo en Santiago, á que seguirá unha gran tractorada, segundo anuncian.
-O alcalde de Becerreá Manuel Martínez seguerá no grupo provincial socialista de Lugo. O partido mantenlle aberto o expediente disciplinario por propiciar que o PP goberne a Deputación luguesa.
--Milagros Otero xa é oficialmente candidata a ser a Valedora do Pobo. Conta co respaldo do PP e do Psoe. AGE e BNG votaron en contra.