Galicia Informativos   Informativo Pontevedra 8:45 - 09/11/23 09/11/2023 15:02

O desaloxo dos edificios da rúa Fisterra de Vigo evidencia a situación de moitas persoas que viven en Vigo excluídas socialmente. Os edificios funcionaban como pensións ilegais a 250 euros cada habitación en condicións de miseria e insalubridade. No seu interior xacía o corpo sen vida dun sen teito que levaba morto varios días. E non hai moito que outras 4 persoas, unha nai e tres dos seus fillos, faleceron en Vigo nun incendio que se desencadenou nun cadro eléctrico que estaba estragado.

Con Óscar González, Aitana Vidal, Pablo Lago e Marcela Martín Saracho.

Galicia Informativos
Más opciones