Galicia Informativos
Reviven as dúbidas sobre se o incendio de Meirás en 1978 ocultou un expolio
04/10/2021
08:13
O 18 de febreiro de 1978 ardeu o Pazo de Meiras, a residencia veraniega de Francisco Franco durante toda a dictadura. Os soldados da Brigada Aerotransportable foron empuxados fóra das súas camas para tratar de salvar do lume tódolos bens posibles. 43 anos despois, un daqueles soldados relata o que sucedeu aquela noite. As súas palabras reviven as dúbidas sobre se aquel incendio foi provocado, e se se utilizou para tapar un expolio de obras de arte.