Galicia Informativos
Crónica de Galicia 8/3/2013
08/03/2013
49:48
O alcalde do concello ourensán do Carballiño, o popular Argimiro Marnotes, quedou en liberdade con cargos e sen medidas cautelares tras declarar ante a xuiza de Lugo que leva a Operación Pokemon. Nas noticias económicas, o goberno galego conseguiu colocar en menos dunha semana 200 millons de euros de débeda a un tipo de xuro inferior ó fixado polo Tesouro. A Xunta pide a General Dynamics que dea marxe á fábrica de armas da Coruña pra demostrar a súa viabilidade, antes de acometer o ERE. Día da Muller. Os sindicatos lembran que a crise está incrementando o número de parados especialmente entre as mulleres, e aumentando tamén a taxa de traballo a tempo parcial. 125 mil mulleres están en paro en Galicia.