Galicia Informativos
Crónica de Galicia 19/02/2013
19/02/2013
49:02
A Xunta e o concello da Coruña ofertan pisos alternativos á anciá de 85 anos que ía ser desaloxada da súa vivenda no centro da cidade. A muller négase a ser trasladada. Preocupación entre a frota cefalopodeira ante os atrancos pra renovar un acordo pesqueiro con Mauritania. O xuiz Vázquez Taín non terá en conta o informe remitido polo autor confeso do roubo do Códice Calixtino que apunta prácticas sexuais na Catedral e roubos das esmolas por parte de clérigos.