PSOE e BNG reeditarán o bipartito en Ourense
Socialistas e nacionalistas xa pecharon o acordo para reedita-lo pacto de goberno en Ourense.En Pontevedra e Lugo seguen negociando ,mentres que,en Vigo,o BNG apoiará a investidura do socialista Abel Caballero pero non entrará no goberno.Novacaixagalicia tomarase uns días mais para aproba-la entrada de investidores no novo banco,liderado por José María Castellano.A CIG alerta dun deterioro grave nas condicións de traballo na entidade.Diego Calvo cesa como delegado da Xunta en A Coruña para presidi-la Deputación provincial.O executivo galego deu luz verde á primeira Lei de Montes de Galicia coa que se quere loitar contra o minifundismo forestal.Dermatólogos reunidos en Compostela alertan de que o uso de cabinas de bronceado aumenta nun 75% o risco de padecer melanoma.O Celta de Vigo,cada vez máis da 2ª división(09/06/11)