Galicia Informativos
A Radio Conta - 28/12/13
28/12/2013
02:55:16
Tres horas de radio cun obxectivo solidario.
Tódalas emisoras da Coruña uníronse para emitir un programa conxunto en beneficio da ONG Renacer, que axuda a persoas en risco de exclusión social. Nunca antes se levara a cabo unha iniciativa semellante.
O programa relizouse dende a sede da ONCE na Coruña. Nel participaron Xoel López, Susana Seivane, Arsenio Iglesias, Fernando Vázquez ou Fernando Romay, entre outros moitos.
En Radio Nacional de España a emisión fíxose para toda Galicia a través de Radio 5.