Relevo na alcaldía de Santiago
O popular Conde Roa toma posesión como alcalde de Santiago e comprométese a permanecer no cago só dous mandatos.O acto coincidiu coas protestas de indignados do 15-M e de mestres contrarios ó aumento de horas lectivas.Outros tres directivos da Xunta imputados no suposto fraude de subvencións do IGAPE.O socialista Pachi Vázquez chama a atención sobre o elevado número de altos cargos imputados na "operación Campeón".Malestar na Federación Galega de Municipios pola xestión da loita antiincendos da Xunta.O delegado do Goberno advirte de que as unidades militares de emerxencia non son sustitutivas das brigadas de loita contra o lume.Preocupación en A Guarda tralo informe que alerta da elevada presenza de mercúrio nos túnidos.Vetusta Morla e Xoel López,hoxe no festival "Vigo Transforma",en directo por Radio3(01/07/11)