Galicia Informativos
Reportaxe Álvaro Cunqueiro - 24/06/23
24/06/2023
18:24
Reportaxe sobre Álvaro Cunqueiro, sen dúbida un dos grandes autores das nosas letras e creador dun universo fantástico propio.
A súa casa museo, ubicada na praza da catedral de Mondoñedo, recibiu recentemente o Premio Fundación Casas Históricas e Singulares de España.
Alí viviu e escribiu Cunqueiro parte da súa obra, e dende marzo de 2019, xa rehabilitada como museo, recibe a visita de todos aqueles lectores e turistas que buscan a maxia e a memoria do autor de "Merlín e familia".
Hoxe imos mergullarnos no universo de Álvaro Cunqueiro da man da nosa compañeira Cruz Mato, e recuperamos a voz do escritor grazas ó arquivo de RTVE en Galicia.