Galicia Informativos   Telexornal Galicia 31-10-2024 31/10/2024 11:57

Flores na véspera de Todos os Santos | Solidariedade cas vítimas da DINA | O sector turístico prevé un 75% de ocupación durante a ponte

Orquídeas, rosas e sobre todo crisantemos. Son flores para lembrar aos defuntos, que hoxe, véspera de Todos os Santos, adornan xa os cemiterios de toda Galicia. Nos camposantos é día de adecentar lápidas e tumbas, continuando así unha tradición que pervive no tempo | Multiplícanse os actos en mostra de dor e solidariedade coas vítimas da DINA. Ante a probabilidade de que haxa galegos entre os afectados, o Delegado do Goberno pide a colaboración cidadá para poder contactalos | No inicio da ponte de Todos os Santos, o sector turístico prevé unha ocupación media do 75 por cento, que no caso da provincia de Pontevedra chega a case o 90 por cento, a maior a nivel nacional

Galicia Informativos
Más opciones