Galicia Informativos
Crónica de Galicia 15/03/2013
15/03/2013
49:25
A Xunta vai estudar a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que anula o concerto cos cinco colexios da comunidade que segregan por razón de sexo. O sindicato STEG que promoveu o recurso, amosou a súa satisfacción. Os colexios consideran que a medida non terá repercusión alomenos o vindeiro curso. Representantes dos bancos acreedores de Pescanova reúnense en Madrid para decidir cómo se renegocia a débeda da compañía galega.
O un de abril, entrará en vigor en Galicia un sistema que detectará casos vulnerables en situacions de desafiuzamento. A Xunta dará axudas ou cederá pisos a estas persoas. O ex toxicómano vigués David Reboredo, en prisión por un delito menor, pendente do posible indulto polo Consello de Ministros.