Galicia Informativos
Crónica de Galicia 14/03/2013
14/03/2013
49:50
O goberno galego acata as sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que anulaban parte do decreto do plurilingüísmo e non acudirá ó Supremo.
Consello extraordinario de Pescanova, en Redondela, tras presentar preconcurso de acreedores.
Constitúense no Parlamento dúas comisions: a que investigará a fusión das caixas e as indemnizacions que recibiron os ex directivos e a que estudará medidas contra a corrupción.
Manifestación en Ferrol de 3.000 traballadores de Navantia reclamando carga de traballo e o dique flotante, e encerro indefinido dos traballadores de Santa Bárbara na Coruña contra o anunciado peche e despido dos empregados.