Galicia Informativos
Crónica de Galicia(26/05/11)
26/05/2011
49:33
A Xunta solicita personarse no caso das "subvencións"
Dous altos cargos do Instituto de Crédito da Xunta comparecen ante a xuíza que investiga un suposto fraude das subvencións públicas.O executivo galego solicita personarse no caso como "parte prexudicada".Os socialistas esixen explicacións urxentes sobre a detención do director do IGAPE.O BNG ten de prazo ata esta tarde para recorre-lo reconto de votos das municipais en Santiago.Irregularidades no censo obrigan a repeti-las eleccións a presidente da Federación de Confrarías de Pontevedra.Asociacións de Loita contra a Droga opóñense ó permiso carcerario a Sito Miñanco.O concello pontevedrés de Rodeiro avalía os danos da tromba de auga e sarabia caída sobre o municipio(26/05/11)