As queixas o martes chegaban porque Galicia non tivera presenza no debate de investidura, pero este mércores a autonomía si estivo moi presente nos cara a cara entre o deputado nacionalista Néstor Rego e o candidato á investidura Alberto Núñez Feijóo. O BNG, que votou en contra, enumerou o prexuízo que, dixo, deixou en Galicia a etapa de Feijóo na Xunta. En resposta, o líder popular cualificou ó Bloque de partido irrelevante. O debate e votación da investidura protagonizou tamén boa parte da sesión de control no Parlamento galego.
Mentres, o conselleiro de Sanidade presentaba a estratexia de oncoloxía de precisión, unha medicina personalizada coa que o Sergas busca terapias máis eficaces contra o cancro.
Na illa da Toxa, no Grove, comeza o Foro Vínculo Atlántico. Ás catro e media inauguración con presenza de Filipe VI. A tan só 15 minutos en coche, o rei emérito comeza a súa participación nas regatas que acolle Sanxenxo.
E a compostelá Yolanda Castaño gana o Premio Nacional de Poesía 2023, que concede o Ministerio de Cultura. O xurado premiou a súa obra 'Materia', unha proposta que, segundo a autora, cuestiona o concepto tradicional de familia