A Forza de Guerra Naval da Armada adéstrase en Galicia
16/04/2021
05:16
A Forza de Guerra Naval Especial é unha unidade encadrada na Infantería de Mariña que ten a responsabilidade de intervir nas misións de operacións especiais da Armada española. Unha unidade de élite, lixeira, cuns 200 militares cun amplo historial de participación en misións internacionais. Ten a súa base en Cartaxena, e estes días adéstranse en Galicia, para poñerse a proba noutro tipo de condicións climáticas. Ata o 23 de abril realizarán unha serie de exercicios e manobras, nas que tamén colaboran outras unidades da Armada en Ferrol ou mesmo a BRILAT de Pontevedra. Non pasan inadvertidos ó público galego.