Informativo A Coruña 8:45 - 25/06/24
Os edís do grupo municipal socialista de Santiago rompen a disciplina de voto imposta pola executiva local e votan a favor da ordenanza municipal de pisos turísticos.
- O Consello da Xunta declara proxecto industrial estratéxico a mina de Touro. As asociacións veciñais da contorna non entenden como o goberno galego abre agora as portas a un proxecto que eles mesmos rexeitaron hai catro anos
-Primeira xornada de folga das traballadoras da Escola Infantil Merlín, de Ames. Haberá tres días de paro ante os reiterados atrasos e impagos por parte da empresa.
-Na Coruña. Os pais dun alumno con síndrome de down denuncian ante inspección de menores ao CEIP Wescelao Fernández Florez por encubrir á profesora que lle deu un bofetón ó seu fillo