Informativo A Coruña 8:45 - 06/09/22 06/09/2022 15:01

O incendio no polígono industrial das Lagoas, en Narón, deixa dous operarios feridos e parte da estrutura colapsada. Descoñécense as causas do lume, que comezaba na tarde deste luns e quedou controlado a última hora.

Concentración das familias do instituto Punta Candieira de Cedeira polo recorte de dez docentes que provoca a perda dalgunhas materias no centro.

O primeiro trimestre do vindeiro ano Arteixo terá rematadas as obras que duplicarán o caudal do seu abastecemento de auga, e que inclúen dous novos depósitos.

O balance turístico do verán na Coruña mellora as cifras prepandemia grazas ás festas e tamén á ampliación de horarios na hostalaría.

Inaugurada na sede de A Fundación a mostra de intelixencia artificial "More than Human", que chega por primeira vez a España

Más opciones