A alcaldesa da Coruña recoñece que a sentenza do tribunal superior de Xustiza de Galicia, que anula a baixada das tarifas dos autobuses urbanos da cidade, prexudica os intereses do concello.
Os servizos xurídicos municipais estudan cómo presentar recurso.
Para a concesionaria, a sentenza permite recuperar a seguridade xurídica no transporte público da cidade.
A compañía de Tranvías aboga por reanudar as conversas co goberno local para acadar un entendemento.
--- Detectado un gromo de covid no colexio Eusebio da Guarda da Coruña. Hai catro alumnos contaxiados.
--- O coruñés Amador Enseñat y Berea, novo xefe do Estado Maior do Exército de Terra. Ten 60 anos.
--- A Orquestra Sinfónica de Galicia comeza hoxe a temporada de abonos. A do seu trinta aniversario. Interpretará 20 obras novas.
--- Deportes. O Deportivo Abanca debuta esta tarde na Copa do Raiña. Xoga no campo do Pozuelo. Volve o equipo a porteira María Sampalo.