Informativo A Coruña 8:45 - 22/10/21 22/10/2021 15:01

A agardada reunión entre o presidente da Xunta e a Ministra de Transición Ecolóxica non despexou a dúbida de se Galicia asina o protocolo de Transición Ecolóxica Xusta que permitirá ás bisbarras de As Pontes e Meirama os 111 millóns de euros que aporta a Unión Europea. Feijoo insiste en que a central pontesa debe quedar operativa.

--- O alcalde de Santiago bota en falta partidas específicas para a cidade nos Orzamentos da Xunta. Xosé Sánchez Bugallo di que moitos son proxectos de ámbito autonómico.


--- Os empregados de Alú Ibérica presentaron un recurso ante o Tribunal Supremo co obxectivo de que a actual dirección asuma as obrigas económicas co persoal ás que foi condenada Alcoa, antiga dona da planta da Coruña.

---O Consello de Seguridade Nuclear requírelle á Xunta un estudo radiolóxico sobre a mina de San Finx, na Coruña. Faino a instancias dunha denuncia de Ecoloxistas en Acción.

Más opciones