Importante participación e "implicación" cidadá na nosa provincia este 25 de Novembro Día Internacional para a Eliminación da a Violencia contra as mulleres. A tarde pasda houbo numerosas manifestacións. Tamén se concentraron en Santiago estudantes da Facultade de Políticas para denunciar un presunto caso de acoso as alumnas.
--- O delegado do goberno defende que se inclúa a Ferrol nos plans de transición xusta porque o seu porto foi o de España que máis tráfico perdeu ao eliminar o uso do carbón a central das Pontes.
--- A deputación da Coruña aprobará hoxe os orzamentos para o ano 2022. Ascenden a algo máis de 189 millóns de euros.
--- O pleno de Santiago pide á Xunta que regule a taxa turística que permita gravar as estancias con ou sen pernoctación.