Informativo A Coruña 8:45 - 27/10/21 27/10/2021 15:03

Novo paso para que o tren ó Porto Exterior da Coruña, en Punta Langosteira, sexa unha realidade.
O Consello de administración da Autoridade Portuaria aprobou este martes, inicialmente, o proxecto.

A aprobación inicial desta infraestructura permite iniciar xa a expropiación dos terreos afectados polo vial.
A infraestructura ferroviaria custará 171 millóns de euros e será financiada cos fondos europeos Next Generation.

Falaremos co presidente do Porto, Martón Fernández Prado

--- A Xunta e as empresas concesionarias comprometense a mellorar o servizo de autobuses entre Ferrol e A Coruña.


--- A cámara de comercio da Coruña cre que 2022 vai ser un bo ano para a internacionalización das empresas da provincia.

--- o BNG pide ó goberno local da Coruña que realice melloras nos barrios cos cartos que quere destinar á compra dos peiraos de Calvo Sotelo e Batería.

--- Deportes. O Liceo gaña por 7 goles a 3 ó Alcoi. Dava Torres marcou dous tantos.

Más opciones