Endesa prepárase para reanudar a actividade na central térmica das Pontes.
Hoxe está previsto que chegue ó porto de Ferrol un barco con 20.000 toneladas de carbón.
A compañía tamén está chamando a empregados seus que tiveron que deixar As Pontes para traballar noutros centros de Endesa en España.
A térmica está parada. Pero podería volver producir electricidade, se llo ordena Red Electrica Española.
--- Arrancan as negociacións entre Navantia e Electrorayma. A empresa auxiliar reclama 4,7 millóns de euros pola construcción dos buques AOR para Australia.
--- A autoridade Portuaria da Coruña e a Universidade poñen en marcha un proxecto de monitorización de datos... que mellora a operativa dos barcos.
--- O concello de Muugardos négase a devolverlle 6 millóns de euros a Reganosa. A regasificadora basea a súa reclamación no cobro indebido do Imposto de Actividades Económicas.
--- O aeroporto coruñés de Alvedro contará, por primeita vez, cun voo directo con París