Informativo Galicia 7:45 - 21/10/21
21/10/2021
14:53
Hoxe sairemos de dúbidas. Coñeceremos ata onde chega o relaxamento das medidas contra a COVID unha vez que a Xunta confirme que xa non estamos en situación de emerxencia sanitaria. Os hostaleiros agardan recuper os horarios e aforos anteriores ó inicio da pandemia. A incidencia está en niveis mínimos, pero haberá que ver como inflúe o aumento de casos noutros países.
E, este xoves reunión importante en Madrid. O presidente da Xunta vaise reunir coa ministra de transición ecolóxica: sobre a mesa asuntos importantes como o futuro de ENCE ou protocolo de transición xusta que afecta á térmicas.
Deportes. O lugo derrota Ás Palmas e sitúase a dous puntos da promoción de ascenso.