O Museo do Pobo Galego amplía as súas dependencias
26/03/2021
06:47
O consorcio de Santiago acaba de rematar a rehabilitación da coñecida como "ala sur" do conxunto de Santo Domingo de Bonaval, o que permitirá engadir 1.600 metros cadrados á superficie actual. Estes novos espazos van permitir completar o percorrido pola historia de Galicia e reordenar os contidos das salas xa existentes nesta cabeceira simbólica dos museos antropolóxicos de Galicia.