Os pubs e discotecas preparan a reapertura. O sector poderá volver á actividade nas comunidades con baixa incidencia como Galicia, que fará unha...
02/06/2021 00:17:58Os pubs e discotecas preparan a reapertura. O sector poderá volver á actividade nas comunidades con baixa incidencia como Galicia, que fará unha proba piloto a próxima semana. Moitos pequenos establecementos din que non lles compensa polas restricións de cabida previstas. // En Galicia máis de 5.000 persoas abandonaron a situación de desemprego no mes de maio, trala fin do estado de Alarma, unha baixada do 3´2 por cento. Tamén se reduce en 4.000 o número de traballadores acollidos ERTE. // A orde dos Maristas pide perdón ás vítimas dos casos de abuso ocorridos no colexio El Pilar de Vigo nos anos sesenta, denunciados por un grupo de ex alumnos. Recoñece non ter actuado a tempo e anuncia unha investigación, a que poden sumarse outros afectados. // As necesidades dos nenos e nenas xordos, explicadas aos seus compañeiros e profesores, coa axuda dos Bolechas. É unha iniciativa das asociacións de persoas que padecen a discapacidade, que promoven o coñecemento da lingoa de signos nos centros escolares. 02-06-2021
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano