Segue activo o incendio en Verín, iniciado en 10 focos diferentes, cunhas 600 hectareas queimadas. Os servizos de extinción conseguen frear o...
04/08/2022 00:20:03Segue activo o incendio en Verín, iniciado en 10 focos diferentes, cunhas 600 hectareas queimadas. Os servizos de extinción conseguen frear o avance das lapas, logo dunha noite de intensa loita, con núcleos habitados en risco. // A Xunta urxe ao goberno central a decretar zona catastrófica nas zonas de Valdeorras e o Courel que se viron afectadas polos maiores incendios rexistrados ata agora en Galicia. // Beneficiosa para os fillos e tamén para as nais. É a mensaxe do colectivo Vía Láctea, para difundir e facer máis visible en espazos públicos o xeito de alimentar aos bebés a demanda, na semana mundial da Lactación Materna. // Comenza en Cambados a Festa do Alvariño, coas catas profesionais no tunel de viño e as tradicionais casetas. Agárdanse máis de 150.000 visitantes, ata o domingo, para degustar os brancos das Rías Baixas. 04-08-22
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano