Atrasos por dificultades para embarcar e trens abarrotados, ante o aumento da demanda de abonos gratuitos para viaxeiros recurrentes. Os usuarios...
06/09/2022 00:20:04Atrasos por dificultades para embarcar e trens abarrotados, ante o aumento da demanda de abonos gratuitos para viaxeiros recurrentes. Os usuarios piden cambios nas franxas horarias e ven insuficientes as 14.000 novas prazas anunciadas por Renfe. // As queixas polo funcionamento das ambulancias do Sergas na área sanitaria de Pontevedra provocan a protesta dos traballadores da compañía concesionaria, con sede en Valencia. Acúsana de manter unha escasa dotación de persoal e de vehículos. // Un servizo para producir hidróxeno verde a disposición do público. E o proxecto impulsado polo Porto de Vigo para ofrecer enerxía limpa ao transporte terrestre e marítimo, a través de dous surtidores no peirao de Bouzas, cun custe de 6 millóns de euros. 06-09-22
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano