A nai da nena de Muimenta Desirée Leal, acusada de asasinala administrándolle somníferos, Na Audiencia Provincial de Lugo. Acaba de comenzar o...
07/02/2022 00:20:01A nai da nena de Muimenta Desirée Leal, acusada de asasinala administrándolle somníferos, Na Audiencia Provincial de Lugo. Acaba de comenzar o xuízo polos feitos, ocorridos hai tres anos. A acusación pide para ela prisión permanente revisable. // O ministerio de Sanidade e as comunidades autónomas decide relaxar as restricións nos eventos deportivos. // O Sergas confirma un segundo caso, en Vigo, da subvariante BA 2 de ómicron, considerada máis contaxiosa, e máis difícil de identificar. Os positivos diarios descenden ao mínimo dende decembro. // A crise internacional no leste de Europa pon en risco a continuidade das exportacións galegas a esa zona, que supoñen uns 300 millóns de euros ao ano. Inditex, o grupo Zendal e os sectores do automobil e as conservas os máis expostos ante un endurecemento das sancións a Rusia. 07-02-2022
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano