Escasas centolas pero, din, de moi boa calidade. O crustaceo estrela das mesas de nadal chega hoxe aos mercados, tralo comezo da Campaña de capturas. Na lonxa do Grove os prezos oscilan entre os 9 e os 24 euros. // Os casos activos continúan en aumento en Galicia, e rondan os 800, coa área Sanitaria de Ourense como a máis afectada. A Xunta recoñece preocupacion e non desbota recuperar a esixencia de certificado covid para a hostalaría. // Galicia convértese na terceira comunidade co maior aumento do turismo no que vai de ano e recupera os datos de ocupación e visitantes previos á pandemia. A Xunta anuncia 86 millóns para potenciar o Camiño durante o ano que ven. // Duas queixerías da provincia de Lugo son gañadores dos premios ao mellor queixo de vaca curado e o de mellor queixo azul deste ano. (09/11/2021)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano