A Sala Eisenman da Cidade da Cultura, en Santiago, é o espazo escollido para o primeira experiencia de vacinación masiva de Galicia. Mil persoas de entre 50 e 55 anos reciben alí esta tarde a a primeira dose da vacina de Astra Zeneca, que, aclaran os expertos, non ten máis efectos secundarios que as outras. // Hoxe son pouco máis de 3.000 as persoas con contaxio activo e seguen 77 pacientes nas UCI. Seis concellos, entre eles o de Pontecesures, entrarán a partir de mañá en máximas restriccións pola alta incidencia. // Traballadores de Ence péchanse no concello de Pontevedra, logo de que un representante do goberno central lles confirmase que unha nova lei obrigará a factoría a abandonar a Ría antes de 2033. // Galicia manterá o peche perímetral na ponte de San Xosé e na Semana Santa, segúndo o plan pactado entre o Ministerio de Sanidade e as Comunidades autónomas. O sector turístico conta con comenzar a recuperarse a partir do verán. 11-03-2021
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano