Os novos contaxios rexistrados nas últimas horas volven subir, ata 630. Unha cifra similar as do mes de xaneiro, no pico da terceira vaga, e eleva...
12/07/2021 00:18:00Os novos contaxios rexistrados nas últimas horas volven subir, ata 630. Unha cifra similar as do mes de xaneiro, no pico da terceira vaga, e eleva a taxa de positividade ao 11 por cento, o dobre da que a OMS recomenda para considerar a pandemia baixo control. //Hoxe, volvemos ver aos reis, don Felipe e dona Letizia, recorrendo a pé a entrada do Camiño Francés en Roncesvalles. Un acto conmemorativo para arrancar oficialmente o dobre ano Xacobeo 2021-2022. // Os investigadores continúan a analizar material gráfico e declaracións para determinar se hai máis implicados na malleira mortal que lle custou a vida a Samuel Luiz, e se os detidos serán acusados de homicidio ou asasinato. // Máis do 70 por cento das axudas do terceiro rescate para empresas galegas, dotado con 234 millóns, segue sen adxudicar. A Xunta amplía o prazo e rebaixa os requisitos para os solicitantes. 12-07-2021
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano