As escolas infantís serán totalmente gratuítas en Galicia a partir do próximo curso, tanto as públicas como a privadas, independentemente no número de fillos. A medida beneficiará a uns 10.000 nenos. // Galicia porá fin a próxima semana ao estado de emerxencia sanitaria vixente dende marzo de 2020. Un paso cara a normalidade, Ainda que as restricións non desaparecerán por completo. // Satisfacción no sector turístico e a hostalaría polo resultado de actividade durante a ponte festiva. A ocupación rozou o pleno en moitos puntos, e superou o 90 por cento en prácticamente toda Galicia, favorecida polo incremento de viaxeiros nacionais.// A soprano María José Moreno e o barítono Juan Jesús Rodríguez, no remate da edición deste ano do Festival de Lírica da Coruña. Concerto dedicado aos falecidos pola pandemia, con zarzuela e ópera no teatro Rosalía. (13/10/2021)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano