Traballadores da automoción, reclaman en Vigo solucións ante a crise polo desabastecemento mundial de microchips que ameaza con frear a recuperación e segue a cobrar vítimas na industria galega. A empresa Galfor de Ourense, que fabrica cigüeñais, inicia un ERTE para os seus 320 empregados.
// Os investimentos previstos para Galicia nos Presupostos do Estado supoñen algo máis de mil millóns de euros. O corredor Ferroviario Atlántico acapara as maiores partidas. // Vagóns, máquinas, antigas estacións, un patrimonio relacionado cos trens e o seu impacto na historia dos últimos 200 anos, que o Consello da Cultura Galega quere poñer en valor para un aproveitamento cultural e turístico. // O que lle pasou á humanidade dende o confinamento ata hoxe. É o tema da mostra que acolle a Fundación Barrié. Con obras de hai anos que agora se reinterpretan a conta da pandemia. (14/10/2021)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano