Un buque portacontedores permanece retido no porto de Vigo, cun expediente aberto pola vertidura de fuel fronte á Ons. O barco avisou dunha fuga...
14/12/2022 00:23:02Un buque portacontedores permanece retido no porto de Vigo, cun expediente aberto pola vertidura de fuel fronte á Ons. O barco avisou dunha fuga nun tanque de combustible, trala que apareceron animais mortos e restos de chapapote na Illa de Arousa. // O sector do cerco cualifica de catastrófico recorte de capturas establecido no acordo de ministros da Unión Europea para o xurelo. Son uns 150 barcos os máis afectados, que reclaman medidas compensatorias. // O Grupo Inditex marca un novo record no terceiro trimestre con 1.300 millóns de beneficio, e unhas vendas de máis de 8.000 millóns. No que vai de ano as ganancias aumentan 24 por cento. // O Selo Galicia Calidade cumpre 25 anos cunhas 150 empresas acollidas. A Xunta anuncia unha sección especial adicada ás industrias de alimentación. 14-12-22
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano