En Chandebrito, á beira de Vigo, hai catro anos, os veciños sofriron algo parecido a un inferno, no medio dunha das peores vagas de incendios que viviu Galicia. Aquí morreron dúas mulleres cando tentaban fuxir do lume. Nos próximos minutos imos lembrar aqueles días de mediados de outubro e comprobar se fomos quen de aprender da traxedia. // A vaga de incendios de outubro de 2017 foi a segunda máis grave que rexistrou Galicia neste século. En todo aquel ano, o lume queimou 62.000 hectáreas de superficie forestal do noso país. O oitenta por cento desa superficie, unhas 50.000 hectáreas, arderon en só tres días de outubro. // Pasaron catro anos e o verde volve medrar na maioría dos terreos que as lapas calcinaron. Noutras zonas, a recuperación vai ser máis difícil. Os científicos salientan a voracidade dos incendios forestais en determinadas situacións climáticas, que cada vez son máis frecuentes. (15/10/2021)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano